2ª Subida Cercedo-Cotobade 2018-Información


Avanzamos no Campionato de Galicia de Montaña e xa chegamos ata a terceira proba da temporada 2018, trátase da segunda edición da subida Cercedo-Cotobade que por mala sorte coincide co rally de Narón pero como comeza o verán e os aficionados teñen ganas de ver coches, podemos afirmar que haberá moitísimo público en Cercedo-Cotobade.

Na lista de inscritos podemos atopar aos habituais do campionato, como Alexis Vieitez ou Pablo Rey, xunto a Andrés Vilariño, que nesta temporada estase a convertir tamén nun habitual do campionato con tres de tres probas disputadas cando comezou sendo un pequeno test para preparar a temporada na Subida a Oia. Andrés non deixa de batir récords e alá onde vai sempre consigue atraer a moita xente. Entre os carrozados destaca a volta de Víctor Magariños co BMW M3, entre todos suman un total de 52 participantes.

-Lista de inscritos(PDF)

O sábado diputaranse as tres primeiras mangas, unha de entrenos e dúas oficiais, a partir das 16:00h. da tarde. Contiuarán o domingo co mesmo esquema pero a manga de entrenos comezará ás 9:30h. da mañá. Os participantes completarán un trazado de 3'75km. Agora amosámovos o trazado e unha on-board:



-En directo

 -O tempo-Cercedo-Cotobade
-Onde comer-Cercedo-Cotobade
-Aloxamento-Cercedo-Cotobade
-Zonas de interese-Cercedo-Cotobade

Publicacións populares