Xevi Pons líder despois do primeiro día


Xevi Pons sae líder do día de hoxe despois de disputar o primeiro treito e marcar o scratch cun tempo de 4:12.90, con 1.30 sobre o segundo clasificado, Eduard Pons, que pilotaba o Fabia R5; e con 2.30 sobre Josep Basols pilotando un DS3 R5. Serán eles os tres primeiros en decidir en qué posición queren tomar a saída no primeiro treito de mañá.


En dúas rodas motrices, o mellor tempo foi para os irmáns Vallejo dando espectáculo co Porsche e conseguindo un tempo de 4:39.00. O seguinte clasificado en 2RM sería un R2, o Peugeot 208 de Manuel Souto cun tempo de 4:46.00, dous segundos por diante do Peugeot 208 R2 de Joan Vidal e, como xa calculariades, sete segundos por detrás do Porsche de Vallejo.


Para mañá quedan catro treitos máis polos que se pasará dúas veces e, ademáis, facendo referencia ao nome da proba (Terra da Auga) espérase bastante choiva, a cal pode xogar un papel determinante de cara ao resultado do rally.

Publicacións populares