Vitoria de Xevi Pons no Rally Terra da Auga
Comezando co scratch do venres, a vitoria da proba que se celebraba este sábado nas proximidades de Arzúa foi para Xevi Pons e permanece líder do campionato.
Xevi Pons comezou a liderar a proba dende o primeiro treito que se disputaba o venres e servía de calificatorio, co cal, os primeiros clasificados poderían decidir a posición de saída. No primeiro treito do sábado achegábase Peláez ata a segunda posición e así se mantiñan ata o rcuador do rally, ata o TC4. Nese momento rodaba Xevi Pons líder, Peláez a 21'8 e Jorge del Cid a 51'9. Ata o momento, todos os scratch eran para Pons.
Chegaba a tarde, despois da repostaxe de estómagos e o scratch do TC5 conseguiuno Jose Luis Peláez, Xevi Pons foi terceiro nesta ocasión, por detrás dun Daniel Alonso que mellora, cada vez máis, co Fiesta R5. Peláez ameazaba o liderato de Pons pero no TC6 reaccionaba arriscando moito e quizáis por fora da trazada con perigo de sufrir un accidente ou abandonar, pero non foi así, conseguiu o scratch e achegarse á vitoria.
Momento do TC+ (TC7), outro scratch para Xevi Pons que xa podía acariciar a vitoria coa punta dos dedos e ademáis sumaba puntos para o campionato. Neste treito o segundo foi Javier Pardo, quen perdía as opcións de vitoria despois dunha pasada de frenada e un pinchazo; e terceiro, Peláez, que non conseguía achegarse máis a Xevi Pons na clasificación xeral.
No último treito do rally o scratch era para Josep Basols, segundo foi Xevi Pons e detrás viñan Jorge del Cid de José Luis Peláez. Tras todo o sucedido, a vitoria no Rally Terra da Auga foi para Xevi Pons, co Peugeot 208 T16 R5; segundo foi Peláez co Fabia R5 e terceiro, Jorge del Cid, co seu Mitsubishi EVO X. Desta forma, Xevi Pons mantense líder intocable do CERT.