Subida a Oia 2018-Información


Os próximos día 5 e 6 de Maio, sábado e domingo, disputaráse a primeira proba do CGM (Campionato Galego de Montaña) e a que será a décimo primeira edición da Subida a Oia. En 2017, a proba contaba coa presencia de Alberto Meira co EVO X para probar os novos pneumáticos Pirelli, pero este ano asistirá un piloto moito máis expectacular cun vehículo impresionante. Trátase de Andrés Vilariño coa súa NORMA M20FC 3.0L que asistirá á proba para prepararse para esta temporada. Ángela Vilariño acompañará a seu pai nesta proba, tamén asistirán Carracedo, Senra, tres KartCross, moitos CM's e moitos máis, a lista componse dun total de 63 corredores.

-Lista de inscritos(PDF)


A competición trancurrirá durante os dous días. O sábado adestramentos a partir das 15:30h. e dúas mangas oficiais que comezarán ás 17:30h. Para o domingo seguirase o mesmo esquema pero os adestramentos serán ás 9:30h. e a terceira e cuarta manga oficiais a partir das 11:30h.
Este será o treito que percorrerán os equipos e que é o mesmo de sempre:


E aquí vos deixamos unha on-board de Alexis Vieitez na Subida a Oia 2017 para que olledes a estrada:


-Subida a Oia en directo
-Videos Subida a Oia 2017

-O tempo-Oia
-Onde comer-Oia
-Aloxamento-Oia
-Zonas de interese-Oia

Publicacións populares