Rally de Portugal 2018: Todo o que necesitas saber

Esta fin de semana chega un rally que, para nós, os galegos, é dos máis importantes do ano. O noso "rally de casa". O WRC chega ao norte de Portugal por cuarta vez desde o seu regreso e somos moitos os que viaxaremos uns kilómetros ao sur para disfrutar de algo único como un mundial de rallyes.

foto: diariomotor



ITINERARIO-HORARIO

Como ven sendo habitual nas últimas edicións, os organizadores do rally foron bastante conservadores e non haberá demasiados cambios con respecto á edición anterior.



Todos os tramos son iguais aos da anterior edición, coa única diferencia de que o domingo o primeiro tramo era a única pasada era Montim e este ano intercambiará a súa posición con Luilhas.

LISTAS DE INSCRITOS:

Recordade que no WRC a orde de saída cambia en cada xornada dependendo dos resultados do día anterior así que a lista de inscritos non vos vale para toda a fin de semana. Por agora aínda non saiu a lista de inscritos coa orde de saída do venres, pero podedes ver os pilotos inscritos aquí.



ZONAS PARA O ESPECTADOR

Do mesmo xeito que o ano pasado, recoméndovos utilizar a páxina Rallymaps para ter os tramos en google maps e ver todos os accesos posibles, así como preparar a viaxe desde Galicia. Podedes acceder a través de este enlace .

Ademáis, a organización subiu á súa canle de Youtube varios videos nos que se ven todas as Zonas Espectáculo. Podesdes acceder aquí á canle.




PREVIA 

Os galegos que nos acheguemos a Portugal esta fin de semana imos ser moi afortunados, non só por disfrutar de algo único como o WRC, senon de un evento que vai estar moi emocionante no puramente deportivo. Só 10 puntos separan a Ogier e Neuville no mundial.

O francés chega líder despois de brilar en México e de ter un rally frouxo en Arxentina, no que foi cuarto (ser cuarto para Ogier é un mal rally, ese é o nivel do francés). Portugal sempre foi un dos rallyes favoritos do piloto de Gap, e se consigue aguantar ben abrindo pista na xornada do venres pode ter moitas posibiliades de conseguir gañar ou polo menos estar no podio. Os seus compañeiros, Evans e Suninen, teñen a necesidade, despois dun decepcionante inicio de temporada, de devolver a confianza depositada por Malcolm Wilson neles.

O maior rival de Ogier será, como ven xa sendo habitual, Thierry Neuville. Hyundai virá con todo a esta proba (os seus 4 pilotos) e o belga ten a oportunidade de irse de terras lusas sendo líder do campionato. Non obstante, debe ser máis cauto que noutras ocasións e os seus compañeiros deben estar na loita para axudalo. Haberá moitas miradas postas en especial nun Andreas Mikkelsen que debería mellorar un pouco o seu ritmo para comezar a loitar polos postos de cabeza.

O terceiro clasificado do campionato, e atreveríame a dicir que o terceiro piloto con posibiliades reais de ser campión, é Ott Tanak. O estonio demostrou en Arxentina que se adaptou ao Toyota perfectamente e se segue mellorando pode loitar polo mundial. Debe seguir a súa racha positiva en Portugal, un rally que se adapta bastante ben ás súas características como piloto.

En Citroën, o habitual Kris Meeke estará acompañado por Craig Breen e Mads Ostberg. Lonxe dos postos altos do campionato, o obxectivo para os do dobre chevrón será repetir a vitoria como conseguiu Meeke en 2016.

No WRC2 participará o español Nil Solans, que esperemos que teña mellor sorte que nos últimos rallyes.








Publicacións populares