Rali de Noia 2018-Información
Chega por fin o rali de Noia, unha proba que moitos esperaban, como se puido comprobar na lista de inscritos; máis de 150 vehículos tomarán a saída na carreira de Noia. Os treitos percorreranse durante os días 13 e 14 de Abril. O CGR consegue máis seguidores con cada proba e é que, este ano, a clasificación xeral está moi axustada, Caamaño, Senra e Meira loitan por cada segundo ao que se lles suma o DS3 R5 de Ricardo Costa, o 306 kit car de Manolo Senra, Carracedo co R5 GT Turbo ou a novidade do Fiesta N5 de Tino Iglesias. O CGR bate récords e se o tempo acompaña, o rali de Noia podería ser un dos máis seguidos gracias á loita polo campionato e aos equipos máis famosos de Galicia. A continuación podedes ver treitos, horarios, inscritos e ata a web da radio oficial da proba.
TC-A-"El Jaime"-1'4Km.
Horario: 20:00 (Venres)
TC-B-"Neumáticos Tino"-10'5Km.
Horario: 08:08/11:17 (Sábado)
-Ver On-Board
TC-C-"Senra Sport"-16'45Km.
Horario: 09:01/12:10
TC-D-"Stark"-12Km.
Horario: 16:33/19:34
-Ver On-Board
TC-E-"Pavimentos Noia"-17'2Km.
Horario: 17:26/20:27
A organización deixou, nesta edición, que corran os equipos que estarían ao final da lista provisional xa que eran só cinco. A lista complétase así con 154 inscritos na proba e unha gran loita pola xeral e polas copas, ademáis dalgúns vehículos que sempre gusta ver como o R5 GT Turbo de Carracedo ou o 306 Kit car de Manolo Senra.
-Radio oficial
-O tempo-Noia
-Onde comer-Noia
-Aloxamento-Noia
-Zonas de interese-Noia