Crónica e opinión Rally de México 2018: Ogier impón a súa autoridade e Sordo brila
Sébastien Ogier conseguiu en México a súa segunda vitoria da temporada nun rally no que volveu demostrar que é o piloto máis listo e un dos mellores estrategas (por non decir o mellor) da historia do WRC. Iso sí, para que o de Gap conseguira subirse ao primeiro caixón do podio tivo que esperar aos erros de Dani Sordo (que tivo unha fin de semana magnífica) e Kris Meeke.
Foto: periodismo del motor |
A proba comezou con Dani Sordo mostrando un ritmo fantástico e liderando, pero Meeke, Mikkelsen, Ogier, Tanak e Loeb estaban bastante preto do cántabro. Evans e Lappi terían que retirarse despois de sufrir ambos un accidente. Neuville ía pouco a pouco alonxándose dos postos de cabeza e sufriu varios problemas no seu Hyundai antes de rematar o día. O mesmo lle sucedía a un Latvala que non ten a mellor das sortes coa fiabilidade do seu Toyota.
Na segunda xornada Loeb atacou e conseguiu quitarlle o liderato a Sordo. Tanak, tamén con problemas, tivo que abandonar nunha fin de semana desastrosa para Toyota. Cando moitos fans xa soñaban cun retorno máxico do nove veces campión do mundo, Loeb tivo un pinchazo co que perdeu uns dous minutos e caiu á quinta posición. Sordo tamén pinchou polo que non puido aproveitar a oportunidade de ser líder. Así, Ogier conseguía chegar a un primeiro posto que aguantou ata o final do rally. Sordo perdeu algo de ritmo e foi superado por Meeke, ata que a só 4 kilómetros do final o norirlandés cometeu un erro co que finalmente perdería a segunda posición.
Foto: Twitter |
Un dos momentos máis polémicos da proba tivo lugar na Power Stage, onde Neuville e Tanak utilizaron a mesma estratexia que Ogier en Suecia para non ter que abrir pista e conseguir máis puntos. Curioso, desde logo, que actúen dunha maneira que tanto criticaron. Está claro que o promotor non está nada contento coa situación e debe cambiar a norma. Para min, a solución é moi sinxela: se non respetas a hora de saída, non podes obter os puntos da Power Stage.
Volvendo ao meramente deportivo, Ogier volveu demostrar por qué é pentacampión. Pódese discutir se é o máis rápido ou non, pero non se pode negar que xoga sempre da mellor maneira as súas cartas. A elección de neumáticos foi perfecta e tivo claro cando atacar e cando non. Non obstante, temos que recoñecer tamén o mérito dun Dani Sordo que esta vez si que fixo o que todos queríamos: atacar e loitar pola vitoria. Non ten por que saír ben, pero por fin vimos ao cántabro intentando marcar bos cronos sen medo e con agresividade. Córcega pode ser unha gran oportunidade para conseguir esa ansiada segunda vitoria.
Foto: twitter |
Meeke volveu facer "unha das súas". O seu carácter e a súa forma de pilotar teñen aspectos bos e aspectos malos. O bo, un ritmo brutal, un podio e o disfrute dos afeccionados. O malo, podería rematar máis arriba se xestionase mellor cando atacar e cando non. Mikkelsen rematou nun valioso cuarto posto e sen tomar riscos está terceiro no mundial. Se sigue mantendo esa regularidade pode ser candidato ao mundial, aínda que debería mellorar un pouco o seu ritmo.
Fin de semana dura para Thierry Neuville. Os problemas do primeiro día deixárono lonxe de onde lle gustaría estar e nunca estivo cómodo. Está a só 4 puntos de Ogier (que non puntuou na Power Stage por saltarse unha chicane) e adoita mostrarse forte en Córcega así que o sexto posto conseguido non é tan negativo como pode parecer.
Foto: twitter |
Se hai un equipo que sale tocado de este rally é Toyota. México foi o seu peor rally o ano pasado e este ano os resultados foron aínda peores. Latvala, séptimo, foi o mellor situado dos xaponeses. Deben mellorar se queren optar realmente a algún dos títulos. Pola contra, a decepción en Citroën vaise transformando en ilusión despois dun retorno impresionante de Sébastien Loeb. O francés, despois de tres anos, aínda está en forma. Liderou, marcou tempos boísimos e demostrou por qué para moitos é o mellor da historia. Todos temos gañas de velo en Córcega para ver se de verdade ten ritmo para loitar por rallyes en tódalas superficies. Ademáis, mostrouse moi contento coas sensacións no coche e repetiu en varias ocasións que para el os rallyes seguen sendo a súa disciplina favorita. Moitos soñamos xa coa súa volta a tempo completo. Deixará de sorprendernos algún día?
O representante español no WRC2, Nil Solans, tivo que retirarse por problemas mecánicos no seu Ford Fiesta nunha proba que gañou Pontus Tidemand.