Cambios na clasificación xeral do Rali do Cocido

Esta mañá de domingo espertabamos coa nova de que a clasificación xeral final do Rali do Cocido sufrira cambios.

Descoñecido

Estes cambios debéronse á descalificación de dous vehículos de RMC despois de detectar irregularidades nas verificacións finais que se celebran tras finalizar a proba. Os vehículos implicados son: o Fiesta N5 de Álvaro Muñíz e o Clio N5 de Adrían Díaz. A decisión tómase despois de localizar a mangueta dianteira esquerda cunha modificación non autorizada.


Iván Ares e Miguel Fuster conservan a primeira e segunda posición, pasan a ser terceiro e cuarto Félix Macías e máis Javier Pardo, ademáis do resto de participantes.


Publicacións populares