Darío Méndez apúntase a Montaña e RallyMix


Darío Méndez, piloto do kart-cross Semog vermello e negro, que se estrenaba en 2017 en Santa Comba como primeira carreira en autocross e en Piñor, en RallyMix; participará este ano en RallyMix e nalgunha proba de Montaña competindo contra os participantes da nova copa que crea a Federación Galega de Automobilismo, específica para vehículos kart-cross, unha copa que xa se estaba realizando noutras comunidades e agora levarase á práctica en Galicia. Na seguinte imaxe podedes ver a decoración que utilizará:


Darío Méndez comezará esta temporada 2018 no RallyMix de Cuntis (os días 3 e 4 de Marzo) e intentará seguir o campionato galego de RallyMix, ademáis participará nalgunha proba de montaña. Declara: "A miña intención é pasalo ben e disfrutar e, en 2019, se todo sale ben, intentaremos conseguir algo mellor. Xa realicei algúns test sobre asfalto e sobre terra para esta temporada e, por suposto, quero dar as grazas aos membros de Méndez Competición e a todos os patrocinadores por axudarnos".



Publicacións populares