Gincana Padróns Ponteareas 2018-Itinerario


Xa temos data para a primeira gincana da temporada, días 3 e 4 de Febreiro en Padróns, Ponteareas; ao lado do campo de fútbol en Chan da Roza. Atención! Non é no mesmo sitio que o da Gincana de Ribadetea.

-Ubicación:  https://goo.gl/maps/aGP4q4KcB6E2

L. Rivera

Durante os dous días, a competición disputarase dende as 9:00 da mañá ata as 20:00 da tarde, aproximadamente.
Haberá catro categorías, as motos e quads irán no mesmo grupo, e as outras tres son para vehículos de tracción, vehículos a propulsión e, por último, kartcross. Haberá premio para os tres primeiros de cada categoría. Para os asistentes, instalarase unha cantina con bebidas e bocadillos a precios populares. Para os pilotos, a inscripción será de 25€ por cabeza contactando cos números que aparecen a continuación:

  • 656 55 20 12 (Javi)
  • 689 35 36 98 (Kevin)
  • 605 67 42 05 (Paco)

Tamén queremos informarvos de qque, con sorte, emitiremos algo da gincana en directo por Instagram (esperamos ter cobertura). 
Síguenos en Instagram: www.instagram.com/condado_racing/

Publicacións populares