Javier Pardo cun Swift N5 en 2018

Esta mañá anunciáronse os plans do equipo Suzuki para a temporada 2018. Había rumores de que Suzuki, a campiona de marcas do CERA 2017, se quedaría sin patoricnadores no próximo ano. Pero serán Repsol e máis Ourense Provincia Termal os dous grandes patorcinadores da marca.

L. Rivera

Os equipos serán:

  • Joan Vinyes/Jordi Mercader correrán cun novo Swift R+ N5 partindo da base do novo Suzuki Swift Sport.
  • Javier Pardo/Adrián Pérez competirán a principio de temporada co Swift N5 que utilizou Gorka Antxustegui para vencer no Rally CAM RACE Madrid eposteiormente pilotado por Alexey Lukyanuk en Astorga. Despois, cerca da metade da temporada, crearase unha segunda unidade do Swift R+ N5 igual á de Joan Vinyes.
  • Gorka Antxustegui seguirá formando parte do equipo en 2018, pero como piloto "probador" do novo Swift Sport para preparalo para a Copa Suzuki 2019. Tamén participará nalgunha proba con este a modo de test.
  • Santi Cañizares tamén formará parte do equipo e competirá nas probas cando o seu calendario laboral llo permita.



Publicacións populares