Previa Rally de Australia 2017: A honra en xogo
Chegamos á última proba dun WRC que, na miña opinión, foi o máis emocionante dende aquela remontada histórica de Petter Solberg en 2003 (xa choveu...). Pese ao baixón de Neuville na parte final da temporada, vivimos rallyes moi emocionantes con moitos gañadores diferentes e ata metade da temporada disfrutamos dun enfrontamento de catro pilotos loitando polo mundial. Algo imprensable nos anos de dominio de Volkswagen co seu invencible Polo WRC.
Aínda que ambos campionatos estean xa decididos, o subcampionato está en xogo. Para Hyundai e Thierry Neuville sería unha pequena alegría e unha recuperación da honra perdida rematar este horrible final de temporada cun subcampionato. Na proba oceánica prescindirán do cántabro Dani Sordo, que (como todos xa sabedes) non se sinte nada cómodo na areosa terra australiana.
Os dobres campións, M-Sport, teñen a súa cabeza máis pendente de asuntos extradeportivos que do propio rally. Sébastien Ogier afirmou que só ten en mente dúas opcións de cara ao próximo ano: quedar en M-Sport ou abandonar o WRC. Ademáis, DMACK anunciou que non competirá o ano que ven co seu habitual tercer coche con M-Sport, polo que pode que os de Cumbria só dispoñan de dous Fiesta WRC para a temporada 2018 (Ogier-Evans parece a opción máis posible a día de hoxe).
Mentras tanto o drama aumenta en Citroën Racing. A negativa de Ogier (coméntase que as negociacións finalizaron por temas económicos) deixa ao equipo francés nunha situación complicada. Ademáis debemos de sumarlle que a marca decidiu recortar o seu gasto no WRC en 2018 polo que o C3 non poderá evolucionar tanto.
Recordade que se queredes acompañarnos na última proba dunha temporada inesquecible, Condado Racing estará este sábado no JJ Copas de Ponteareas para ver o penúltimo tramo (ás 23:00 - Movistar Deportes 1). Unha boa maneira de despedir a temporada e coñecer a máis afeccionados de este gran deporte. Se queredes poderedes ver o último tramo tamén, este ás 03:00 da madrugada e que retransmitirán Movistar Deportes 2 e redbull.tv. Esperámosvos!
foto: Fox Sports |

foto: dmacktyres.com |