Obxetivo cumplido para Ruth e Andrea
A parella galega embarcábase esta fin de semana nunha aventura con TRS Racing Team a bordo dun Dacia Sandero da copa en "La Nucía". Ruth Ortega e Andrea Fidalgo tiñan como obxetivo chegar a meta no seu debut no CERA, xa que no Campionato Galego de Rallyes víanse obligadas a abandonar xusto antes da meta do TC-1 en Narón, correndo por primeira vez.
Desta vez conseguiron facerse co obxetivo de chegar á meta do último tramo. As dúas conseguiron o primeiro posto en pilotos e copilotos femeninas junior. O equipo mostrábase orgulloso do resultado, aínda que completaron a clasificación da Copa Dacia Sandero cun quinto posto. Así o celebraban na asistencia:
“Impresionante. A verdade, é outro mundo, vivir unha carreira do nacional e na Dacia é o mellor que nos podía pasar despois do intento de Narón, e máis se é co equipo TRS, porque nos están ensinando moitísimo.” -declaraba o equipo feminino Melmac RallyFactory. Aproveitamos para preguntarlles se ven posible estar nos postos de cabeza na Dacia Sandero Cup e a súa resposta foi que aínda lles queda moito por aprender para estar arriba, xa que teñen ganas de facelo ben e con tempo.