Publicado o Pre-Calendario 2018 do #CGR

Dende hai xa uns días está publicado a previsión do calendario da Federación Galega de Automobilismo para 2018 no Campionato Galego de Rallyes:

-Ver Pre-calendario CGR 2018

Marcos Parada

Tamén podiamos ver, hai escasos días, a confirmación da cancelación do Rally Eurocidade Tui-Valença nas redes sociais da escudería Dona Urraca:


Se nos fixamos no Pre-Calendario, observaremos que non se presenta outra edición deste rally e probablemente a súa segunda edición fose a súa derradeira proba. Pola contra, o Rally Ría de Vigo si que aparece datado no mes de Maio cando aínda non está confirmada a súa presencia nesta temporada 2017, a última data asignada para esta proba pertence ao mes de Decembro.

Esperaremos a que se publique o pre-calendario completo para ver se hai algunha novidade máis.

Publicacións populares