Previa Rally de Finlandia 2017: Neuville ao ataque e Citroën pide axuda a Loeb

Despois dun precioso Rally de Polonia chegamos a unha das probas más importantes e emblemáticas do WRC: o Rally de Finlandia. Terra resbaladiza, trazados rapidísimos e anchos e saltos enormes dan lugar a unha combinación que ano tras ano deixa imaxes para o recordo.

Non obstante, este ano as imaxes non serán tan espectaculares como deberían, xa que, para evitar as altísimas velocidades dos novos WRC nos tramos finlandeses, a organización colocará chicanes nalgunhas zonas rápidas dos tramos. Persoalmente creo que a FIA está tomando unha medida que carece de sentido. Para que permiten facer que os coches sexan máis rápidos se logo non queren que a velocidade media nos tramos sexa alta? Incomprensible, polo menos dende o meu punto de vista.

No meramente deportivo, Neuville ten outra oportunidade de roubarlle máis puntos a Ogier e
Foto: Neste Rally Finland
conseguir chegar ao final de temporada moi preto del, ou incluso como líder do mundial. Se o belga segue pilotando tan ben, o piloto de Ford terá moi difícil seguir o seu ritmo. Os compañeiros de equipo de Neuville chegan coa moral máis alta que noutras ocasións. Paddon recuperou por fin o seu ritmo e conseguiu un segundo posto en Polonia co que chega con moita confianza a un rally no que é moi necesaria. Sordo, se temos en conta que Finlandia nunca foi o seu rally favorito (ao cántabro non lle gustan as superficies con pouco grip), chega, a priori, con bastante esperanza e co obxecitvo do podio. Veremos se atopa un bo ritmo.

Os nórdicos voadores, Tanak e Latvala, chegan coa moral bastante baixa e co líder do mundial máis lonxe que nunca despois dun desafortunado rally de Polonia para ambos. Non obstante, no caso de Latvala será un rally moi especial. Para el e o seu equipo (que está formado case na súa totalidade por finlandeses) é o rally de casa. Non poden fallar.

foto: speedcafe.com
No caso do equipo Citroën, a situación comeza a ser tan desesperante que tiveron que reclamar a axuda da lenda Sebástien Loeb para que trate de mellorar o C3 WRC nunha serie de tests. Esperemos que o nove veces campión do WRC consiga melloran un coche que está dando un rendemento moi inferior ao esperado. Nesta proba Mikkelsen non se subirá ao C3, e Meeke volverá pilotar no equipo francés acompañado dun Breen que debe recuperar a boa senda que perdeu nestes dous últimos rallyes.

Se non vos queredes perder nada da proba recordade que en redbull.tv haberá resumos cada día de rally ás 23:00. Ademáis, emitirán un tramo o sábado ás 14:50. En Movistar Deportes 1, ademáis do tramo antes mencionado, tamén retransmitirán o do venres ás 19:30 e os do domingo ás 9:00 e ás 12:00.

Publicacións populares