Víctor Senra en Ferrol

Sergio Vallejo acaba de publicar a noticia de que Víctor Senra estará no Rallye de Ferrol, que como?, pois Sergio decidiu prestarlle o coche a Víctor e así poder reflexionar sobre a súa situación no campionato.

L. Rivera

Sergio e Diego estarán vendo á actual parella líder do CGR, Víctor Senra e David Vázquez, pilotando o Citroën DS3 R5 e asistidos pola escudería Vallejo Racing. Así que, con esta noticia, coñecemos tamén, que Víctor se ausentará na proba  do sur, o Rallye Sur do Condado, que se celebra o mesmo día que o Rallye de Ferrol. Sen duda, quedará un bo recordo da proba ferrolá coa loita centrada en García, Ares, Senra e os demáis R5, como Burgo ou Pernía.

-Publicación Facebook

Publicacións populares