Podium para Amador Vidal no Rally Terra da Auga

No seu reencontro cos Rallyes despois de prácticamente un ano de inactividade, Amador Vidal e Rubén Santás lograron ir remontando postos e rematar nun excelente terceiro escalón do podium e máis despois de que durante os tramos da mañá, o Polo N1 "Disiclín" tivese problemas de temperatura, o que lles impedía sacar todo o seu rendemento.


Non se pode dicir que todo cambiase despois da asistencia do mediodía, pero si que se atenuaron algúns dos problemas do Polo N1, que ainda que non rendía ao 100%, xa permiteu comezar a marcar bos tempos, moi cerca, nalgúns tramos, do gañador do rally, "Cohete" Suarez , e así completar a remontada ata alcanzar o terceiro peldaño do podium a apenas 6 segundos de Jorge del Cid, que se fixo co segundo escalón do podium.
Finalmente, Amador mostrábase moi satisfeito do resultado "Conseguiuse o que se buscaba, disfrutar do rally de casa, facer disfrutar á afición e conseguir un bo resultado".

Prensa ARVidal Racing

Publicacións populares