Non hai excusa para non ser piloto en Galicia

Ser piloto, cada ano, está ao alcance de máis xente en Galicia, con concursos e sorteos que están á disposición de case todo o mundo polos seus precios extremadamente baixos. Hoxe presentámosvos dous nos que podedes participar: a "Selección de pilotos Toyota Breogán" e o sorteo que pon en marcha Álvaro Méndez.

Borja Alonso

A selección de pilotos Toyota Breogán trátase dunha competición na que os pilotos inscritos demostrarán do que son capaces. O evento inclúe un curso de conducción no que participarán todos os inscritos antes do comezo da proba. Ao final, os membros do xurado escollerán a catro participantes, os cales serán os gañadores de participar en catro rallyes con todos os gastos cubertos.
O prazo de inscripción remata o 11 de Xullo, depois do Rally Sur do Condado, e a competición celebrarase durante o sábado e domingo desa semana, coincidindo coa Subida a Chantada.
Visitar aquí para máis información


Por outro lado, Álvaro Méndez, tamén realizará un sorteo, no cal, o premio será participar no Rali do Cocido 2018 co Citroën Saxo VTS ex-Adrián Gil e gañador da Pirelli-AMF 2016, se o gañador o prefire, poderase cambiar por unha viaxe para dúas persoas valorado en 1500€. O obxetivo de Álvaro é poder participar en Madrid cun Peugeot 208 R2 co recaudado destas rifas. Para conseguilas só hai que contactar co equipo en mendezcompetición@gmail.com, no teléfono 634666476 ou na páxina do equipo. Con tan só 10€ obtés cinco números e para gañar, as catro últimas cifras teñen que coincidir coas do Sorteo extraordinario de Nadal, o 22 de Decembro.


Publicacións populares