Alexis Vieitez apúntase outra vitoria

Despois dun fin de semana con algúns problemas e retrasos que causaron unhas saídas de pista, Alexis Vieitez conseguía a vitoria.


O sábado Alexis lideraba por completo a carreira, na manga de entreno e na primeira manga oficial e podía ter liderado tamén a segunda manga oficial, pero co retraso acumulado da competición, a organización decidiu que esta non se celebraría. O domingo, Alexis volveu liderar a carreira, manga de entrenos, terceira manga e cuarta manga. Non houbo ninguén que fose capaz de alcanzar a Alexis nesta subida. Jesús Pombo, Pablo Rey e Jacobo Sobral foron os que máis loitaron polas primeiras posicións xunto con Alexis.

Publicacións populares