Alexey Lukyanuk gaña por segunda vez consecutiva no Rally Illas Canarias
O pasado xoves dia 4 comezou a 41º edición do Rally Illas Canarias, puntuable para o Campionato de Europa de Rallyes, o Campionato de España de Rallyes de Asfalto e o Campionato das Illas Canarias. Na lista de inscritos estaban nada mais e nada menos que 39 coches da categoría R5 polo que a loita polo podía ía ser moi disputada.
Foto: Periodismodelmotor
Bruno Magalhaes-Hugo Magalhaes
Durante todo o rally, Lukyanuk-Arnautov dominaron a proba con autoridad a proba defendendo o seu título da edición nº40. Moi preto loitaban os polacos Kajetan Kajetanowicz-Jaroslaw Baran pero sen rebasar ningún momento os tempos do ruso, e por ultimo os portugueses Magalhaes e a parella galega Ares-Pintor pelexaron durante todo o rally pola terceira posición gañando o primeiro o caixón mais baixo do podio.
No referente as distintas copas do Campionato de Europa, o piloto oficial de Peugeot,Pepe Lopez facíase co primeiro posto da U28, mentres que na U27 seria o piloto oficial de Opel, Chris Ingram que se alzaria co escalon mais alto do podio.
Terminando co ERC, e necesario nomear o gran rally feito por Emma Falcon con Sara Fernandez de copiloto, que se fixeron co 1º posto na Ladies Trophy mentres que Tamara Molinaro acabou detrás da dupla canaria.
No apartado nacional, o acordo entre a FPAK e a RFEdA fixo que Bruno Magalhes terminase primeiro, seguido de Ivan Ares que posicionase lider do campionato de España por diante de Cristian Garcia. Por último, no campeonato de Canarias, Luís Monzon gañou nesta categoria por diante do canario Enrique Cruz.
Sen apenas tempo a trasladar toda a loxística, este fin de semana se disputara o Rally Villa de Adeje na Illa de Tenerife, na que como ven sendo habitual no CERA estarán na parrilla de saída 8 R5, e Ivan Ares tentara defender o seu posto de lider ante o aragonés Cristian Garcia.