Tramos e horarios do Rally Terra da Auga

Xa foron decididos os tramos e horarios desta edición 2017 do Rally Terra da Auga. A actividade comezará co ShakeDown opcional no día do venres 26 de Maio. Despois deste, os participantes dirixiranse á Praza da Feira en Arzúa, ao parque pechado, para tomar a saída do rally que comezará co primeiro tramo ás 19:00h. da tarde e cun percorrido de 12 km.

rallydaauga.com

No sábado completaranse dous tramos pola mañá e dous pola tarde. Os tramos da mañá serán dous a doble pasada en Touro e Pino con 13 e 15 quilómetros respectivamente, con saída ás 10:00h. Pola tarde tamén serán dous tramos, un deles é o máis largo do rally (17km.) e completarase con dúas pasadas. Mentres que o último tramo será o primeiro da proba, o tramo cronometrado do venres, outra vez, e só se fará unha segunda pasada. Así se completan catro tramos e todos a doble pasada sen contar o ShakeDown, sumando, en total, máis de 100km.

Publicacións populares