|
Borja Alonso |
Hoxe presenciamos en Noia pura competición. Moitísimos abandonos entre os 150 inscritos e a maioría por golpe, ainda que outra parte deles por avaría. A pesar de que o rali aínda non rematou, xa sabemos os tempos finais e Víctor Senra obtén a vitoria. Agora ten que chegar ata o final para rematar o rali e afirmar a primeira posición, esta sería a terceira vitoria consecutiva para Víctor co seu Ford Fiesta R5.
|
Borja Alonso |
Esta vez posiciónase por diante de Alberto Meira, este con problemas no penúltimo tramo; e Iago Caamaño, que coa adquisición do novo Ford Fiesta R5 non atopaba unha conducción cómoda e con varios trompos, veremos se para Narón poderá ter o coche cunhas boas reglaxes.