Segunda vitoria consecutiva para Berdomás na Volante FGA
A XXXIII edición do Rally de Noia foi escenario da terceira proba puntuable para a copa Volante FGA, certame que crea a federación e na que no 2017 integrase o programa PXP18 co obxectivo de dar unha continuidade os nosos pilotos mais novos.
Foto: Revista scracth
O coruñés Daniel Berdomás conseguiu a súa segunda vitoria consecutiva por diante do local Alvaro Pérez, logo dun dia de loita que sen dubida animaron o rally de principio a fin sendo un dos centros de atención da gran cantidade de aficionados que se desprazaron a localidade coruñesa a presenciar esta cita automobilística.
Berdomas a bordo dun C2 GT, gobernou as tres seccións que conformaban o rally terminando a clasificación final con 15 segundos de diferenza respecto do seu contrincante ca mesma montura que o piloto coruñés. Ademais foi capaz de meterse no Top 10 da clasificación xeral logo de conseguir un 8º posto a poucos segundos do septicémico clasificado, Luís Penido.
Esta claro que este ano na copa Volante FGA habera unha loita que sen dubida animara o campionato dando claras sinais de que os pilotos mozos veñen pisando forte.