Neuville gaña o Tour de Corse 2017

Foto: le Parisien


Por fin Thierry Neuville e o equipo Hyundai conseguiron a súa ansiada vitoria. Tivo que ser na cuarta proba, en Francia, despois de que o piloto belga perdese a súa vantaxe en Mónaco e Suecia con dous erros. Desta forma, Neuville convírtese no cuarto gañador en catro probas distintas. Á súa vez, Hyundai é a cuarta marca distinta que gaña nesta temporada. 



O cántabro Dani Sordo tivo a segunda praza nas súas mans, o cal sería unha noticia excelente para Hyundai, pero Ogier arrebatoulla no último tramo. Cuarto foi un Jari-Matti Latvala que fixo todo o que tivo na súa man cun Toyota que debe mellorar en asfalto. Craig Breen quedou a só unha décima de quitarlle o cuarto posto ao finlandés, pero un último tramo brillante de Latvala fixo que fose imposible. Pese a non conseguilo, a actuación do irlandés foi notable e no equipo Citroën terana en conta seguro. 

No WRC2 Mikkelsen, que partía como indiscutible favorito, conseguiu a vitoria. No WRCJunior, o español Nil Solans conseguiu estrearse cunha vitoria levando a cabo unha actuación moi destacable.   Nuns días publicaremos a crónica na que trataremos con máis detalle o sucedido na proba francesa. Aquí vos deixamos a clasifiación final do rally: 













Publicacións populares