Curso de cronometradores-Escudería Surco


Este pasado luns 24 de abril presentouse no Concello d'A Cañiza o primeiro curso de Iniciacion e Reciclaxe de Cronometraxe que organiza a Escuderia Surco coa colaboración do Concello da Cañiza e a Federacion Galega de Automobilismo.

Este curso,que é totalmente gratuito, realizarase o Domingo 30 de abril e será impartido no Auditorio d'A Cañiza e arredores.

O curso dívidese en dúas partes, teórica e práctica. A teórica comezará as 10.00 e rematará as 14.00, na que se dará unha explicación de como funcionan os equipos de cronometraxe, que é un carnet de ruta, para que serve e como se complementa, qué son os controis dun rally e para que serven e as súas obrigas e funcions. Xa pola tarde, dará comenzo as 16.00 e rematará as 20.00 a segunda parte do curso na que se porá en práctica todo o ensinado na xornada da mañá. Así como se fará unha simulación de rally, cos seus respectivos controis, e polos que todos alumnos pasarán poñendo en práctica os seus coñecementos.

As inscripción poden completarse no correo electrónico escuderiasurco@hotmail.com, na páxina web escuderia surco, no Facebook da escudería e, tamén, no seguinte contacto 663997585.

Publicacións populares