Rali de Noia 2017-Itinerario


Chega xa a terceira proba do Campionato Galego de Rallyes, que se disputará o día 1 de Abril con Víctor Senra en primeira posición da clasificación xeral do campionato. Recordemos que Iago Caamaño acaba de adquirir unha nova unidade do Ford Fiesta R5 para loitar pola vitoria. Cabe destacar que Noia volve ser unha das porbas estrelas do campionato debido á gran abundancia de inscritos, chegando ao límite estipulado pola federación (150), como podemos ver (PDF):

Como podemos ver, aquí, en Noia, comeza a Copa RECALVI, a "Copa dos Seat Marbella" e ao final tamén podemos ver os inscritos que están como reserva, entre o público chama a atención que equipos inscritos en copas poidan estar nesa situación, pero en realidade, non existe prioridade á hora da inscripción, aínda que o equipo pertenza a algunha copa.

En total haberá catro tramos a doble pasada, aos que chamaremos A, B, C e D de acordo coa orde na que se celebrarán, ademáis deixarémosvos os nomes que a organización lles puxo para maior comodidade. O horario dos tramos será o seguinte (PDF):



A continuación presentámosvos os tramos con cadanseu acceso, ademáis, tamén cómpre saber que o parque pechado estará situado nesta zona (Labarta Noia).

Mapa xeral-VER


TC-A Stark-VER




  • Para chegar a este tramo, temos que saír de Noia dirección Muros pola AC-550. Ao chegar á rotonda de Orro (do Corredor) tomamos a segunda saída, dirección “Outes”, “Muros”, pola AC-550, ata chegar ao Km 68, onde nos desviamos á dereita, pola indicación de “Outes”, “Pino do Val”, “Santa Comba”.
  • Unha vez situados no Centro da Serra de Outes, temos varias opcións:

-1º: Si antes de cruzar a ponte, xiramos á dereita cara a DP-5604 (indica “Santa Comba”, “Negreira”, “Pino do Val”), cando levemos un kilómetro temos que seguir recto pola DP-4502. Despois de 9,1km chegamos a un cruce a esquerda que pon “Serra de Outes (por San Lorenzo 10”), polo que atopamos a META.

– Si nese cruce seguimos rectos; 2,4km despois, na rotonda de Pino do Val, debemos coller a 4ª saída, que indica Muros pola AC-440. No kilómetro 78,100 desta, coller o cruce á esquerda dirección “Valadares 2, Outes 10”; por onde 3,550 km despois, encontramos o treito.

-2º: Si tras cruzar a ponte xunto ao Concello de Outes, nos desviamos pola DP-3404 dirección “Mazaricos 18, Santa Comba 33”; aos 200 metros, chegamos a un CEDA nunha farmacia. Si o tomamos recto, dirección “Valadares” pola DP-6202, tras 1,9km, encontrámonos ca Igrexa de Outes, onde si collemos á esquerda, atopamos a SAÍDA do tramo. Si na Igrexa seguimos rectos, tamén nos encontraremos ca especial.

– Si no CEDA xunto á farmacia, xiramos á dereita, cara “Cee, Mazaricos, Santa Comba” pola DP-3404, 3,250 km despois, temos que desviarnos á esquerda na sinal. 350 metros despois, tras atravesar a aldea de “Lantarou”, e onde acaba a pista de cemento, temos que xirar á esquerda, por onde, a 1,350 km, está o treito.

– Si en vez de coller o cruce cara “Lantarou”, seguimos rectos pola DP-3404, tamén encontramos o tramo, a 5,700km dende a farmacia.

-3º: Si seguimos dirección “Muros” pola AC-550, ao chegar ao kilómetro 61,800, á altura do Restaurante Brasil, no Cruceiro de Roo, hai que coller o cruce á dereita. 150m despois, volveremos xirar á dereita xunto aos contenedores, para xirar á esquerda 200m máis tarde, e á dereita, 150 despois. 1,7 km máis adiante, ao chegar ao cruce cun cruceiro, hai que seguir recto; e aos 2,5 km, xunto á marquesina, coller o desvío da dereita. 1,5 km despois, atoparemos o treito.

TC-B SenraSport-VER




Para chegar a este tramo, temos que saír de Noia dirección Muros pola AC-550. Ao chegar á rotonda de Orro (do Corredor) tomamos a segunda saída, dirección “Outes”, “Muros”, pola AC-550, ata chegar ao Km 68, onde nos desviamos á dereita, pola indicación de “Outes”, “Pino do Val”, “Santa Comba”. 3 km despois, antes da Ponte xunto ao Concello de Outes; xiramos á dereita cara a DP-5604 (indica “Santa Comba”, “Negreira”, “Pino do Val”), e cando levemos un kilómetro temos que seguir recto pola DP-4502. 11,5 km despois, atopamos a rotonda de Pino do Val, onde:
Si collemos a 3ª saída dirección DP-3404, indica “Mazaricos, A Picota”, despois de 4,100 km xunto á Cervecería Verxel, debemos xirar á esquerda hacia “Outeiro, Godón, Xesto”; por onde encontramos o treito.
  • Si seguimos 400 metros dende á Cervecería, ata pasar o Concello, hai outro cruce á esquerda, dirección “Beba, Coirós, Suevos”; pola DP-4501, onde, sin desviarnos, atoparemos o treito a 3,9 km.
  • Si na rotonda de Pino do Val, collemos a 4ª saída, dirección “Muros,AC-440”, temos 3 opcións:
1ª: Si no kilómetro 80, xiramos á dereita hacia “Coiro, Beba, Mazaricos”; atoparemos o treito a 2,250 km.
2ª: Si xiramos á dereita no Km 80,300; dirección “A Manda, Fornís”; tamén encontraremos o treito.
3ª: Xirar á dereita ao chegar a Paxareiras, no Km 83,700 hacia “Arcos, Colúns”; e sin desviarnos, recorrer 6,300 km, ata un cruce á dereita que indica Figueira, por onde tamén atopamos o treito.

TC-C PavimentosNoia-VER



  • Saindo de Noia dirección Santiago de Compostela pola AC-311, enlazamos coa AC-543, onde temos dúas opcións:

1º: No Kilómetro 22,2, tomar o cruce á dereita que indica “Servia”, “Comparada”. Despois de 2,6 kilómetros, xiramos á esquerda ao chegar á casa amarilla, e 900 metros despois, chegamos ao tramo.

2º: Na rotonda do kilómetro 19, tomar a primeira saída dirección “Rois 10”, “Padrón 14”, pola CP-4702. Despois de 2,650 Kilómetros, xiraremos á dereita cara “Noia 16” pola AC-308. 3 Kilómetros despois, atopamos o tramo.
  • Saindo da Alameda cara Santiago pola AC-311, collemos ó cruce á dereita que indica “Padrón”, “Lousame”; pola AC-308. Despois de 4,5 km, á altura da marquesina de Soutorredondo, collemos o cruce á dereita, por onde chegamos á Saída.
  • Saindo da Alameda cara Santiago pola AC-311, collemos ó cruce á dereita que indica “Padrón”, “Lousame”; pola AC-308. Tras 1,4 kilómetros, tomamos o cruce á dereita que indica “Casa do Concello”, “Casa da Cultura”, e 200 metros despois, no ceda, xiraremos á esquerda. 650 metros despois, collemos o cruce á esquerda que indica “Igrexa San Xoán de Lousame”. Tras 1.650 metros, chegamos a un STOP, no que si seguimos rectos, temos o tramo a 500 metros.

TC-D Neumáticos Tino-VER



  • Saíndo de Noia dirección Santiago de Compostela pola AC-311, enlazamos coa AC-543, onde temos dúas opcións:
1º: Ao pasar a rotonda de Sampaio, coller a primeira saída, indica San Xusto, e tras 25 metros o cruce á dereita que indica Boña, polo que chegamos ao tramo.

2º: Seguir ata o Kilómetro 26,5, e xusto coller o cruce á esquerda que indica “Central do Tambre”, “Liñaio”, “Mato”, “Pastoriza”. Despois de 1.200 metros, tomar outro cruce á esquerda que indica “Liñaio”, “Sta. Mª de Roo”, “Castro Lampreiro”, por onde encontramos a saída do tramo.
  • Si saímos da Alameda de Noia dirección Santiago pola AC-311, ao chegar ao kilómetro 1, na Fialla, collemos o cruce á esquerda xunto á marquesina, e entramos na DP-5702. Despois de 350m, chegamos a un STOP, no que si seguimos recto, chegamos ao tramo despois de 2,8 kilometros.
  • Saíndo da Alameda cara Santiago pola AC-311, collemos ó cruce á dereita que indica “Padrón”, “Lousame”; pola AC-308; onde sen desviarnos, chegamos a tramo en 5,1 km.
  • Para acceder á meta, salimos dende a Alameda pola AC-311, e despois de 3 kilómetros, tomamos o cruce á dereita que indica “Albariza”, “Lesende Igrexa”, e chegamos seguindo recto.

-Reglamento da proba(PDF)
-Evento (non oficial) Facebook
-Proba en Directo Condado Racing

-O tempo-Noia
-Onde comer-Noia
-Aloxamento-Noia
-Zonas de interese-Noia

Publicacións populares