O Rally Serra Morena dara inicio o CERA 2017
O Rally Serra Morena dará o pistoletazo de saída o Campionato de España de Rallyes de Asfalto 2017 este venres dia 17 na provincia andaluza de Córdoba. Como viña sendo habitual, este ano os rallyes das Illas Canarias non abriran o certame nacional e pasaran a situarse como segunda e terceira cita a disputar.
Este ano iniciase un campionato no que van a predominar os coches da categoría R5 posto que é a mellor opción logo de que o ano pasado os vehículos da categoría GT se bridasen por parte da Federación Española dúas semanas antes de comezar.
Como dato a salientar, este ano no CERA introdúcese un tramo cronometrado plus (copia do Power Stage do mundial) no que o mellor tempo levara 3 puntos o segundo 2 e o terceiro 1 punto que se sumaria na clasificación xeral.
A 35º edición do Rally Serra Morena dará comezo o venres coa celebración do Shakedown e o sábado daranse dúas pasadas os cinco tramos que compoñen o rally. Este ano o rally contara para o Campionato de España de Rallyes de España, para o trofeo European Rally Trophy e o campionato rexional de Andalucía ademais da Copa Suzuki e a Dacia Sandero Cup.
Foto: GaliciaEnRallyes
O actual campion de España de Rallyes de Asfalto, Cristian Garcia será o primeiro dos 100 pilotos inscritos nesta edición do rally. O piloto aragonés inicia un novo ano cun proxecto que saíu a luz hai poucas semanas grazas o patrocinio de Daniel Alonso e RMC a bordo dun Ford Fiesta R5. A categoría R5 súmanse os Burgo cun Skoda Fabia, os Vallejo cun novo Citroen DS3, Ivan Ares e Surhayen Pernia cun Hyundai e por ultimo Santiago Carnicer e Cristobal Ramos a bordo dun Ford Fiesta. Tamén estarán na saída o equipo Suzuki Iberica con Adrián Diaz cun Swift S1600 e Gorka Anxustegui e Joan Vinyes cun Swift N5. Cabe destacar o estreo do Abarth 124 Spider en terras españolas a mans do piloto coruñés Alvaro Muñiz como piloto oficial.
A Copa Suzuki comeza neste rally a súa 11º edición con pilotos de gran cache logo de diversos problemas. Como pilotos decatados temos a Esteban Vallin e Alberto Monarri logo de que o equipo Opel e Mitsubishi abandonaran o campionato de forma oficial. Tamén estarán os habituais Fernando Rico, Alfredo Tames e Juan Maña.
Neste rally tamén puntúa a Copa Dacia Sandero Cup na que tamén hai pilotos importantes que se sumaron a esta copa de promoción. Entre os pilotos mais salientables están Angel Paniceres, logo de que o seu equipo Opel, deixase o seu proxecto, Antón Pérez que proven da Suzuki, Miguel Angel Garcia ou o rápido piloto galego Juan Castro “Piru”.
Prevese un campionato moi disputado posto que case todos os pilotos terán novas monturas agás os Vallejo que repetiran co seu Citroen. Neste rally non se apreciaran moito quen vai destacar posto que os pilotos rodaron pouco cos seus coches e será a partir de Canarias onde comezaran a destacar cada piloto. Se queres seguir o Nacional o completo, en Condado Racing poderás informarte!! Que gañe o mellor!!!