Meeke líder despois da primeira etapa do Rally de México

Como dicíamos hai pouco máis dunha semana na previa deste Rally de México 2017, Kris Meeke é capaz do mellor e do peor. Neste caso a moeda saíu cara e o norirlandés é o novo líder do rally, con 20.9 segundos de vantaxe sobre Sébastien Ogier. 

Foto : motorsport.com
O primeiro bucle de superespeciais desta xornada tivo que ser suspendido. Un accidente bloqueou a estrada que comunica Cidade de México (onde se realizou a primeira especial) e Guanajuato. Os camións que transportaban os coches quedaron 5 horas parados, polo que foi imposible realizar os primeiros tramos. Isto, na nosa opinión, débese a un grave erro da organización, xa que obrigar a equipos e coches a desprazarse 400km para facer unha especial de 2km non ten sentido e pode dar lugar a situacións como esta. 


O actual líder do campionato, Latvala, comezou con bastantes problemas. O motor do seu Toyota tivo problemas de sobrequentamento, polo que acutalmente está en octava posición a 2 minutos e medio de Meeke. Paddon tamén mostrou o seu descontento co motor do Hyundai, pero o máis perxudicado polos aspectos macánicos onte foi Dani Sordo. O cántabro estaba loitando polo podio e agora está decimoquinto a máis de 10 minutos do líder.

Recordade que na xornada de hoxe redbull.tv retransmitirá ás 17:50 un tramo en directo. Mañá ás 19:00 retranmitirán a power stage en movistar deportes 1.

Así queda a xeral despois dos tramos do venres:

1.
GBRK. MEEKEIRLP. NAGLE


dIF.ANTERIORDIF.PRIMEIRO
2.
FRAS. OGIERFRAJ. INGRASSIA


+20.9+20.9
3.
BELT. NEUVILLEBELN. GILSOUL


+35.8+56.7
4.
FINJ. HÄNNINENFINK. LINDSTRÖM


+30.6+1:27.3
5.
ESTO. TANAKESTM. JARVEOJA



+5.6+1:32.9
6.
FRAS. LEFEBVREFRAG. MOREAU


+19.9+1:52.8
7.
NZLH. PADDONNZLJ. KENARD


+9.3+2:02.1
8.
FINJ. LATVALAFINM. ANTTILA


+28.7+2:30.8
9.
SWEP. TIDEMANDSWEJ. ANDERSSON


+53.5+3:24.3
10.
FRAE. CAMILLIFRAB. VEILLAS


+35.4+3:59.7




Publicacións populares