Incentivo para a copa Pirelli AMF

Nace unha nova iniciativa para animar a copa Pirelli AMF, trátase de un premio (pneumáticos) para os tres primerios clasificados da copa ao final de temporada, aquí vos deixamos o comunicado da FGA:
Reunidos na Federación Galega de Automobilismo o Director de AMF Motor Sport e o Presidente da Federación Galega de Automobilismo acordan, conxuntamente con “Pirelli Neumáticos, S.A.U.”, a “Iª Iniciativa Promocional da Copa AMF Pirelli 2018" consistente nunhas becas para participar na tempada 2018, no Volante ou na Copa AMF. As becas consisten para os tres primeiros clasificados da Copa AMF 2017 (Junior e Senior conxunta e indistintamente): 1º clasificado 5 pneumáticos Pirelli de competición. 2º clasificado 3 pneumáticos Pirelli de competición. 3º clasificado 2 pneumáticos Pirelli de competición. Os pneumáticos entregáranse na tempada de 2018, ó inscribirse e participar na primeira proba inscritos no XIII Volante FGA ou na IX Copa AMF Pirelli, entregados por “AMF MotorSport” e “Pirelli Neumáticos, S.A.U.”.
-Ver en PDF

Lorenzo
Unha medida que, sin duda, animará o campionato dentro da copa na que os pilotos loitarán por conseguir os pneumáticos ademáis dos premios económicos.

Publicacións populares