O DS3 dos Vallejo vaise a Madeira
O piloto portugués, Gil Freitas adquiriu o Citroen DS3 R5 co que os irmáns Vallejo participaron no Campionato de España de Rallyes de Asfalto 2016.
O madeirense tivo a oportunidade de probar nun test o coche da marca de Versalles deixándolle boas sensacións que compartía o remate da intensa proba que fixo sobre asfalto. A intención de Freitas era a de adquirir un R5 pero antes tiña que materializar a venta do seu Porsche 911 GT3 2010 co que participaba no certame de Madeira. Trala venta, o medio luso RTP anunciaba esta maña a compra do DS3 por parte do piloto de Madeira.
Yago Regueira
Esta unidade pertence o chasis #511, construído nas instalacións do equipo portugués,Sport & You que logo adquiriu a Escuderia Vallejo Racing para disputar o CERA 2016 e algunhas probas como o Rallysprint de Omaña ou o Rallye San Froilán a mans dos Irmáns Vallejo. Por outra parte, o luso Carlos Martins participou no Rallye Casinos do Algarve así como o galego Toño Vilar participou o Rally Cam Festival a bordo desta unidade.