Cristian Garcia aborda o CERA 2017 con Past-Racing

O equipo asturiano Past Racing anunciaba hoxe mediante as súas redes sociais que o piloto aragonés vai competir o Campionato de España de Rallyes de Asfalto dentro da súa escuadra a bordo dun Ford Fiesta R5.



O equipo Mitsubishi-Repsol anunciaba no mes de xaneiro de que o seu  programa no CERA se abandonaría por falta de presuposto. A partir de ahi o patrón de RMC Motorsport, Roberto Méndez tentou por todos os medios posibles conseguir un programa que continuase o proxecto de Cristian Garcia e Alberto Monarri logo de ter preparados xa os R4.

Finalmente o equipo de Daniel Alonso en alianza co preparador leonés conseguiron sacar a luz un programa que abordara todas as probas do CERA 2017 e que anunciaron así: “Inda que a nosa filosofía foi sempre a de dar axudas a pilotos asturiano,tomamos unha excepción porque cremos que non se pode permitir que un piloto campeon de España quedase tirado sen programa. Facemos un esforzo grande por un equipo humano que ha de ser exemplo de futuras xeracións, quenes pouco a pouco foron logrando éxitos desde a base ata chegar a ser campeons. Cristian Garcia e Rebeca Liso participaran no Campionato de España de Asfalto 2017 a bordo dun Ford Fiesta R5. Un programa que non seria posible sen a axuda de MMR Bikes, Rede Ford Asturias Autoviasa e como non do preparados RMC Motorsport”.

Publicacións populares