"Cohete" Suárez e Pepe López no ERC con Peugeot


Despois de estar ausente durante a temporada 2016, Peugeot Sport volve ao ERC co seu 208 R5. Neste caso será con dous pilotos españois: o asturiano "Cohete" Suárez e o madrileño Pepe López. 

Ambos foron (o primeiro en 2015 e o segundo en 2016) campións da 208 cup francesa, feito polo cal a marca do león confía neles. Participarán na copa u-28, que ten como premio unha participación
nunha proba do WRC 2018 cun coche con especificacións WRC 2016.

"Cohete" xa ten bastante experiencia co vehículo francés despois de competir a pasada temporada en varias probas do WRC2. O asturiano non foi quen de obter grandes resultados nos rallys, xa que a súa conducción agresiva deulle lugar a distintos problemas. Non obstante, os seus tempos en determinados tramos foron impresionantes, quedando por diante dalgúns WRC. Polo tanto, se "Cohete" consigue ser un pouco máis constante neste ERC será un dos favoritos para gañar .


Pepe López chega con menos kilómetros no Peugeot, pero xa demostrou do que é capaz. O rendemento deste piloto será un dos grandes alicientes do próximo campionato europeo sen dúbida.

Foto 1: autohebdosport.es
Foto 2: mascoche.net

Publicacións populares