Tres rallyes en 2017 para o sur de Pontevedra
Pero... en 2017 contaremos con tres probas no sur da provincia?
Tal como confirmaba a Escudería Rias Baixas parece que se celebrará o Rallye Rias Baixas 2017, e de facelo sería no Nacional de Asfalto, xa que o calendario da FGA xa foi presentado. Aquí podedes ver a mensaxe que compartíca a Escudería a través de Facebook:
Dando un aviso unhas horas antes:
Un rallye que conta, en todas as edicións, cun magnífico público e que non sería o que é sen os voluntarios que están axudando en cada tramo. Un rallye que xa é histórico, poderíase dicir que é o rallye máis famoso do Campeonato de España de Rallyes de Asfalto e, por suposto, o mellor.
David García |
Ademáis do Rias Baixas créase unha proba nova, o rallye Ría de Vigo, puntuable para o CGR, que se celebrará o 13 e 14 de Maio e no que se espera moita espectación.
Por último e non menos importante o rallye Sur do Condado, un dos mellores da comunidade galega. Na súa anterior edición contaba con seis tramos a doble pasada nun só día e foi capaz de chegar ao límite de inscritos, contando con equipos nacionais como o de Suzuki con Gorka Antxustegui. Unha proba dura na que poucos conseguiron chegar ata o final.
De celebrarse realmente o rallye Rias Baixas disfrutaremos, sen duda, dunha gran temporada de rallye.
David García |