Slalom Fene 2016-Itinerario

Xa chegou, a última proba do Campionato Galego 2016, trátase do Slalom de Fene, duodécima edición desta proba na que veremos quen gaña finalmente o campionato, tras non aparecer Adrian Souto (líder do campionato naquel momento) no Slalom de Touro. Veremos se asiste e, se o fai, presenciaremos unha bonita loita polo CGS (Campionato Galego de Slalom) dado que os dous pilotos (Pablo Castro e Adrián Bouza) están empatados agora mesmo con 1050 puntos, o que gañe esta proba vence o CGS 2016...


O circuito do slalom completarase nesta zona, seguindo o percorrido indicado no mapa feito pola organización Scratch Fene:


A saída e a meta estarán ao lado da rotonda da VG-1.2, onde tamén se situarán o parque pechado e o parque de asistencia.

  1. Parque de Asistencia.
  2. Parque Pechado.
  3. Saída e Entrada a tramo.
  4. Saída e Entrada de Parque de Asistencia para asistir a tramo.
A competición componse de dúas pasadas de adestramentos e dúas mangas oficiais.


Como se pode apreciar no horario, a verdadeira competición comezará a partir das 18:30 e continuará, ao remate da primeira manga, coa segunda. Todos os procesos da competición levaranse a cabo na zona do circuito.



Publicacións populares