Entrevista de #CdRas a Iván Corral

Invitámosvos a mirar esta fantástica entrevista feita polo equipo Cambio de Rasante ao presidente da FGA, Iván Corral:


Iván afirma a chamada de pilotos como Víctor Senra, para anunciar a participación no CGR 2017, ou de Alberto Meira, para cambiar de montura... Tamén decía haber bastantes N4, bastantes N5 e un N6.
O presidente da federación aposta polas novas copas de iniciación, como en karting con "motorizacións máis económicas e fiables", ou en AutoCross con "categoría de menores de 1600cc de distinta serie para os principiantes" e nos rallyes coa innovadora Copa Xove Piloto, que ainda se está a diseñar pero xa se pensa en conseguir becas para que os pilotos poidan completar a temporada. Na montaña fala do importante gasto de pneumáticos durante o 2016 e traballarase na limitación de pneumáticos durante a temporada 2017 para unha competición máis igualada.

Lorenzo

No CGR 2017 haberá moita loita polo campionato, volverán os irmáns Pais, ainda non se sabe con que coche, Iago Silva participará co seu novo Porsche 911 GT3, Víctor Senra volverá, como escoitabamos antes, Iago Caamaño parece que seguirá no campionato e o gañador do campionato 2016, Alberto Meira, competirá cunha nova montura. Estas e moitas outras novedades e sorpresas espérannos para 2017. Haberá que estar atentos!

Publicacións populares