Subida Escusa-Poio 2016-Itinerario


A subida a Escusa volve a ser o centro de atención despois de ser desplazada no calendario da Federación Galega de Automovilismo cando coincidía con outras actividades deportivas na mesma zona. A proba de montaña fora aplazada para os días 29 e 30 de Outubro que é esta próxima fin de semana.

Algúns preguntaban polas redes sociais onde quedaba Escusa, e a verdade é que non é moi grande. Escusa que da ao lado de Poio, de feito, a proba chámase Subida Escusa Poio. Se ainda hai alguén que non conseigue situarse pode serlle útil que queda a 10 quilómetros aproximados de Pontevedra.

Estes serán os horarios da competición:


A pesares de que os campións galegos xa están decididos paga a pena ir, asistirán Alexis Viéitez, Jacobo Sobral cunha nova montura e outros moitos.
O percorrido ten casi catro quilómetros de lonxitude e conta con 298 metros de desnivel:


En toda a subida hai horquillas e zonas rápidas, os pilotos terán que reducir e acelerar constantemente, un aspecto a ter en conta á hora de colocarse na subida. Hai cinco acesos, sin contar os tres primeiros, aos que se acede facilmente dende a zona de saída, sendo en total oito.


Saída - Meta

Acceso 1
Google Maps
Este aceso da ao lado dereito do percorrido se vamos en sentido ascendente. Sitio tranquilo, non esperamos demasiada xente aí, nesa zona os coches non alcanzan velocidades altas dado que a saída está a uns 200 metros.

Acceso 2
Google Maps
A esta zona chegaremos saindo de Poio en dirección á saída da proba, a poucos metros da liña da saída podemos facer un xiro a esquerda tendo nese momento tres puntos de acceso directo ao tramo. Da ao lado esquerdo do trazado.
No caso de ir ao primeiro punto non paga a pena xirar á esquerda, poderemos situarnos nese punto andando dende a liña de saída, 50 metros máximo.
Para ir ao segundo punto chegaremos á última bifurcación e colleremos a opción dereita, chegaremos 50 metros máis arriba que polo Acceso 1.
O terceiro punto é o máis recomendado destes tres, unha zona de deceleración onde os pilotos se prepararán para unha curva á esquerda bastante pechada despois de coller bastante velocidade dende a liña de saída.

Acceso 3
Google Maps
Cerca do terceiro punto do Acceso 2, sendo este polo lado dereito da carretera e xusto diante da curva pechada da que falabamos anteriormente, haberá bastante xente pero non será o acceso máis saturado.

Acceso 7
Google Maps
Non aparece na foto que subimos pero sería ese camiño entre o acceso 3 e o 4 que da ao lado dereito da vía. Este acceso é por camiño de terra bastante bacheado (recomendado ver Street View en Google Maps antes). Chegaredes a unha curva pechada en zona rápida, unha curva de esquerda que se tomaría en terceira-cuarta. Sitio tranquilo, non se espera moita acumulación de xente aí.
Entre o acceso 3 e 4 hai máis camiños secundarios pero non recomendamos ir con un turismo, parecen demasiado estreitos e bacheados, e para ir andando quedan moi lonxe da seguinte carretera.

Acceso 4
Google Maps
Chega ao lado dereito tamén. Zona interesante, con algún cambio de rasante e curvas rápidas enlazadas ata chegar a unha a esquerda pechada. Nesta zona hai sombras na pista, o que pode provocar deslumbramentos aos pilotos, debedes colocarvos en lugares seguros. Pode haber bastante xente pero con sitio para todos. Sin duda recomendamos esta zona.

Acceso 5
Google Maps
Este acceso está á esquerda do percorrido e é un camiño de terra. Da lugar a unha zona de aceleración que sae da curva a esquerda pechada do acceso 4.
Subindo 400 metros pola vía de competición chegaremos a unha horquilla á dereita onde probablemente non haia moita xente, os sitios para colocarse son altos con respecto á carretera, zona aparentemente segura.

Acceso 6
Google Maps
Probablemente a mellor zona para pasalo ben, neste acceso soese xuntar moita xente e o espectáculo está asegurado porque xusto neste acceso hai outra horquilla de dereita, así que o acceso é pola esquerda. Probablemente a mellor carretera de acceso dende onde tamén podedes acceder a horquilla á esquerda uns 200 metros máis abaixo. Recomendado se vas ver as tres mangas no mesmo sitio e non tes presa para marchar, probablemente se cree caravana ao finalizar a terceira manga.
E este sería o último aceso ata a meta. O único malo é a saturación de persoas.

Despois da meta hai unha zona estreita por onde os pilotos pasarán para dar a volta na cima, recomendamos aos fotógrafos esta zona se queren obter unhas bonitas imaxes dos coches de competición pasando entre muros e casas por zonas estreitas.

Para ver todos os coches podedes subir ata a meta antes de que finalice a manga e os coches empecen a baixar ou visitar o parque pechado.


Verificacións técnicas, administrativas e parque pechado:


Garage Paco
Avenida A Seca PO-308 Parque da Seca


¡¡MOITAS GRAZAS!!



-Inscritos Tempos Vola Racing
-Inscritos Tempos FGA
-Escudería Buxa Motor Poio Facebook
-O tempo-Poio
-Onde comer-Poio
-Aloxamento-Poio
-Zonas de Interese-Poio

Publicacións populares