Que pasa con Félix Macías-RallyRACC 2016

Non temos certeza do que está pasando co equipo galego en Cataluña dado que é un equipo non prioritario e o WRC non se centran neles, só informan dos propios WRC, WRC2 e ás veces dos WRC3 que son dos que lle corresponde informar.

Marco da Silva

Enterámonos de que pasaba algo cando non o vimos entre os tempos do TC10. Fumos á lista de abandonos e penalizacións pero non aparecían. Cando a aplicación nos sinalou que o tramo 10 finalizara revisamos todo de novo, pero non aparecían noticias. As últimas opcións que nos quedan son que o Subaru tivera algún problema leve ou unha saída de pista sen consecuencias. Sendo así, non aparecerían na lista de tempos nin na lista de abandonos porque sairían aos tramos do Domingo. Polo momento non podemos confirmar nada.

Publicacións populares