Autocross Viduedo 2016-Itinerario

Última proba do campionato autonómico galego de autocross e primeira proba no novo circuito de Choqueiro, poremos información do lugar á vosa disposición ademáis de lista de inscritos ou outros datos interesantes.


En primeiro lugar imos ver o circuito:
A pista de asfalto está feita sobre o antigo circuito de autocross, con distintas opcións para completar o cicuito, podendo facelo por asfalto ou mezclar asfalto e terra, esta última opción é a que se tomará para o campionato de autocross completando o percorrido como podemos ver na imaxe:


O recinto está situado aquí (Google Maps) a 20 quilómetros de Ourense.
Este circuito será unha novidade para todos os pilotos e terán que adaptarse rapidamente ao circuito mixto e ir a pola vitoria dado que en algunhas categorías o campionato decidirase en Viduedo, como é o caso do kartcross no que os tres pilotos en cabeza do campionato (Joaquín Chamorro, Antón Muíños e Daniel Mariño) teñen posibilidades de levarse o título. Seguro que haberá tensión durante todo o día. Noutras categorías, os equipos tamén están igualados en puntos e esperamos que nadie regalará a vitoria.

A competición será o sábado día 29 a partir das 12:00h. cos adestramentos, pola tarde empezarán as semifinais ás 15:30h. seguidas das finais ás 18:20. As verificacións técnicas serán pola mañá a partir das 09:15h.


Para a colocación do público aconsellamos preguntar a un comisario ou organizador para non situarse en zonas peligrosas. Ademáis recordamos que as vías de aceso poden estar en mal estado nalgunhas zonas.

-Autocross de Viduedo FGA.es
-Escudería Viduedo Facebook
-Reglamento Viduedo
-O tempo-Viduedo
-Onde comer-Viduedo
-Aloxamento-Viduedo
-Zonas de interese-Viduedo

Publicacións populares