Gincana de Ribadetea-Resultados
O fin de semana pasado asistimos os dous días á Gincana de Ribadetea e non nos quedou tempo para ir ao Trofeo Festas do Cristo no circuito Go-Kart de Porriño.
O Sábado, un día de terra seca, a polvareda acabou por levantarse co paso dos coches creando unha nube de area, principalmente na zona da saída. Cabe resaltar a acumulación de xente que houbo durante unhas horas, impresionante. Queremos dar as gazas a todos os que asististes!
O Domingo, despois de unha choiva intensa durante toda a noite só quedaban charcos no circuito e a medida que ían pasando as horas o sol aparecía creando barro e dificultando a competición, sobretodo para os coches de tracción.
Os claros dominantes durante toda a competición foron os quads e os kartcross favorecidos polas curvas pechadas e o seu peso inferior.
Grazas a todos por asistir e por confiar en Condado Racing.
Seguinte Gincana: Gincana Ribadelouro 2016-Itinerario