Rallye de Alemaña 2016 Día1
O día do xoves comezaba así no shakedown no que gañaba Jari-Matti despois de completar cinco veces o tramo, conseguindo así igualar o tempo de Andreas. Terceiro era o español Dani a bordo do Hyundai I20.
Sen embargo Latvala e Camilli deberían abandonar no primeiro tramo. Latvala por problemas na caixa de cambios e Eric Camilli parece ser por saída de pista, non sabemos se se debe a algún problema mecánico.
En primeira posición vemos a Andreas por diante de Neuville e Ogier:
No terceiro e cuarto tramo houbo problemas para José Antonio Suárez que se alexaba ata a sétima posición da xeral en WRC2, ainda que, polo contrario, Dani Sordo lograba o segundo mellor tempo no cuarto tramo por detrás de Sebastièn Ogier antes da Super Especial.
Tamén atopamos estas imaxes de Lappi ao equivocarse de dirección onde suibo correxir sen ningún problema, grazas a @rallyemag.
No quinto tramo Dani fixo o terceiro mellor tempo por detrás de Ogier e Mikkelsen, José Antonio cuarto entre os WRC2 seguino a Kopecky, Kremer e Lappi.
Andreas Mikkelsen irá durmir como líder con 4'3 segundos de vantaxe sobre Ogier, este á súa vez seguido por Neuville a 1'6 segundos. En cuarta posición encotramos a Dani Sordo a 12'7 segundos de Mikkelsen.
En WRC2 o vencedor no día de hoxe foi Kremer. José Antonio Suárez (Cohete) xunto ao seu copiloto Cándido Carrera seguen en sétima posción.
-Horarios domingo WRC Alemaña.