O novo coche R é igual aos anteriores

O pasado xoves día 14 presentouse o novo "coche R" que anunciaba a FGA nos directos de Facebook do programa "Si Rally". O propio Iván Corral, presidente da Federación Galega de Automobilismo comentaba que esta unidade está valorada nuns 70.000€ e que se fai porque é necesario para cubrir todas as probas do calendario; tamén sumado a que agora se precisan tres coches R por rally, en vez de dous, ao "obligar" ás escuderías a facer tres bucles de tres tramos na xornada do sábado e "non permitir" continuar coa estratexia de dous tramos pola mañá e dous pola tarde (todos a dúas pasadas). Tamén afirmaba que os coches R que utiliza o Team Medical Galicia están máis equipados que unha UVI Móvil do SERGAS.


Este novo "coche R", denominado "R6", é igual aos anteriores vehículos R (R3, R4 e R5) segundo comenta a FGA no mesmo comunicado onde presentaban o coche. Integra extras como, por exemplo, un desfibrilador (que supera os 10.000€) ou camillas de aluminio que rondan os 1800€.

Canta más seguridade, mellor.

Comentarios

Publicacións populares