CANCELADO tamén o rally de Noia

Hoxe remata o plazo dado pola FGA ás escuderías para tomar decisións sobre a disputa ou non das súas probas. O terceiro rally cancelado é o rally de Noia e, basicamente, polos mesmo motivos que os anteriores. Dúbidas con respecto ás medidas de seguridade frente ao COVID19. Ademáis, a data que se lles propuxo dende a federación para realizar a proba sería imposible, posto que coincide con outros importantes eventos da zona e tampouco é un bo momento para as empresas patrocinadoras da proba.

Rally de Noia 2019-Pablo Ares

Desde as escudería Berberecho comunican que intentaron falar coa FGA para tratar de abaratar algúns gastos pero esta non aceptou. Así mesmo, tamén piden que as axudas previstas para a organización da proba se destinen a material para tratar o COVID19. E, ademáis, ao igual que fixo a escudería Siroco Narón, piden que se respeten os seus dereitos para 2021 sin sufrir discriminación no campo económico nin no momento de elaborar o calendario de 2021 despois de 35 edicións organizadas.

Comentarios

Publicacións populares