Copa de Montaña Sobre Terra

Entre as novidades para o campionato de montaña, a federación española engadía varias ideas para a temporada 2020, entre elas a creación de tres copas: a CEM-Norte, CEM-Mediterráneo e CEM-ST. Nas dúas primeiras, a intención é que equipos de campionatos autonómicos poidan ampliar o seu programa deportivo sin ter que disputar o campionato completo, os vehículos admitidos nesta copa serán os mesmos que no CEM.

RallyMix de Porriño 2019-Marcos Parada

A copa CEM-ST (Sobre Terra) será unha copa de montaña, pero sobre terra. O principal obxetivo destas probas será dar máis saída a vehículos como os kartcross, monturas de autocross e outros, así mesmo, tamén poderán participar vehículos preparados para outras modalidades como test para os seus campionatos, como os coches do CERTT. Serán percorridos de entre 5 e 8 km e cun desnivel limitado para disminuir os riscos. Os primeiros organizadores interesados en formar parte desta copa son Cáceres, Jaén, Murcia e Zaragoza (e posiblemente Valencia). Ademáis, esta copa podería evolucionar a campionato en 2021.

Probas con este formato xa se están a disputar en Italia, o seu calendario conta con catro probas, a máis coñecida delas é a Cronoscalata di Tandalò, proba na que xa participou o equipo galego Ya-Car cos seus kartcross e prototipos obtendo bos resultados.

En Galicia os RallyMix están a obter unha boa acollida en canto a inscripcións de kartcross e esperase que esta nova copa no campionato de España siga o mesmo camiño.

Comentarios

Publicacións populares