Joaquín Pérez colle distancia con Rubén López na Pirelli AMF

Despois da sorpresa de Sergio Otero no Rally Sur do Condado, a mesma imaxe volvíase repetir no Botafumeiro con Sergio e Joaquín pelexando durante toda a xornada. Tiveron que xogarse a vitoria no ùltimo treito onde, desafortunadamente, Sergio rompía un palier e víase obligado a abandonar; Joaquín Pérez chegaba á meta e lograba vencer dentro da Pirelli AMF.


Por detrás atopabamos a Fran Pazos e Rubén López, que loitaron pola segunda plaza ata o último treito conseguindo Fran o segundo posto e Rubén o terceiro.
Así consigue distanciarse Joaquín Pérez na clasificación xeral da copa Pirelli AMF, aínda que siguen quedando moitos puntos en xogo e podería pasar de todo nas tres probas que faltan por celebrar.


Comentarios

Publicacións populares