Así quedou a clasificación xeral en Narón

Narón puido ver durante estes dous días a gran loita entre os pilotos de cabeza, separados por menos de 15 segundos (durante todo o rally). O venres había que tomar a saída con cabeza, moito que perder e pouco que gañar nun treito tan curto, aquí era Víctor Senra quen se colocaba como líder da clasificación e durmiría a noite do venres como primeiro clasificado.

O sábado no primeiro treito volvía ser o scratch para Víctor Senra pero o seu paseo en primeira posición duraría pouco, comezaba con problemas nos frenos e no TC3 era Alberto Meira o encargado de marcar o scratch e liderar a proba. Mais no TC4 cometía un erro, un trompo que lle facía perder algo de tempo, desta maneira se facía Iago Caamaño co liderato do rally.

Rally da Coruña 2019-L. Rivera

O piloto do Ford Fiesta R5 non soltou a primeira praza en ningún momento ata o final do rally. Esta foi a primeira vitoria da temporada para el e inesperada para os aficionados, xa que nas anteriores carreiras (nalgunhas con problemas mecánicos) os resultados non eran os esperados despois da incríble tempada que fixera en 2018.

Tras Iago Caamaño situaríanse Alberto Meira (DS3 R5), Víctor Senra (C3 R5) e, máis lonxe, Jorge Cagiao (Clio N5). En quinta posición atopamos a Tino Iglesias (Fiesta N5) liderando a copa Top Ten, pero a máis de 3 minutos de Iago Caamaño, unha gran mostra do ritmo que levaban os tres equipos de cabeza.

Comentarios

Publicacións populares