Últimas horas para o comezo do Rías Baixas

Os 152 equipos participantes xa preparan os últimos detalles para afrontar durante este fin de semana o Rally Rías Baixas, proba que chega á súa 53 edición cun novo formato de horarios para seguir as instruccións da FGA. Un novo formato que permitirá celebrar dúas pasadas ao treito de "Vigo-O Castro" na xornada do venres e unha innovación na xornada do sábado, completando tres treitos ("Vigo-Alba", "Gondomar-Porriño" e "Salceda") con tres pasadas por cada un.

Rally Rías Baixas 2018-Marcos Parada

Con esta distribución de horarios, a FGA quere intentar evitar as neutralizacións que viñan afectando nas últimas carreiras aos dorsais máis altos. Dende que se propuxo, esta é a primeira vez que se pon en marcha, veremos se se cumple o obxetivo.

A lista de inscritos para a proba é bastante completa, unha boa cantidade de vehículos das categorías R5 e N5, ademáis de algún Kit Car, Impreza e moitos máis. Ata 152 equipos, como diciamos ao principio. A maioría xa completaron os recoñecementos e puidemos falar cun deles, atentos ás palabras de Samuel Rodríguez (Dorsal 99, Citroën C2):

L. Rivera

"Pues 'O Castro' bueno... un tramo espectáculo sin más, para acercar más el rally a la ciudad, a las familias, etc. Pero para nostros es una trampa... fácil romper rueda, llanta o puente debido a las aceras y bordillos.
El resto de tramos bien, muy rápidos la verdad, con los tres finales muy, muy rápidos. Para mí me gusta 'Vigo-Alba', porque tiene un poco de todo con una zona final preciosa de apoyos; y tambien la variante del tramo de Chenlo ('Gondomar-Porriño'), muy bonita y divertida..... Y en 'Salceda' míticas zonas ratoneras y zonas rapidas, cruces y alguna zona con tierra.
Pinta muy bien este rally, esperamos correr todos los quilómetros, aunque habrá que ver cómo están los tramos en las tres pasadas, será una sorpresa ya que seguramente, si al final no llueve, estarán muy sucios..."

Á dificultade dos treitos súmanselle as dudas sobre o tipo de pneumático a usar xa que non se sabe se o tempo acompañará ou non, aínda que hai previsión de pequenas choivas.


O primeiro treito será o venres ás 18:00 no centro de Vigo, aquí vos deixamos os mapas cos horarios:



Comentarios

Publicacións populares