Joaquín Pérez entra na loita da copa Pirelli AMF

Logo do bo resultado que Joaquín Pérez e Adrían Muñíz obtiveron en Noia (segundo posto), chegaban ao Rías Baixas moi motivados e con boas sensacións para competir contra Rubén López e Fran Pazos. Nas dúas pasadas polo treito urbando de "O Castro" en Vigo, era Fran Pazos quen marcaba os scratch's, mais era penalizado con 10 segundos por saltarse a problemática chicane na zona de terra do treito.

O sábado pola mañá, coas estradas húmidas, Rubén López, co Citroën C2, non podía seguír o ritmo de Pérez e este posicionábase como líder da copa Pirelli AMF xa dende o primeiro treito do día. Por detrás viñan en persecución Fran Pazos de J.L. Puime. No segundo bucle do día, sorprendía Rubén López, adiantando dous equipos rivais e colocándose en segunda posición da copa. Finalmente, López, debido a uns pequenos problemas no C2, tiña que conformarse con esa segunda posición e deixar ao equipo do 206 camiñar hacia a vitoria, conseguindo rematar na posición 17 da clasificación absoluta. En terceira posición situaríase Alberto Alonso, despois dos abandonos de moitos participantes da copa.

Rally Rías Baixas 2019-Prensa

Isto era o que nos contaba Joaquín Pérez: "Pois quitando o sustazo que tiven na primeira pasada por Salceda, onde nos saímos (hai onboard en Pé Á Chapa-Staroil; deixámosvola máis abaixo). Polo resto o rali foi impecable, mantendo e controlando en todo momento o colchón de segundos gañados no primeiro bucle, correndo sen riscos e seguros. O coche perfecto e o debut do copi conmigo foi sublime.
Agora toca pensar se ir ou non a Narón, a miña idea era só facer Noia, 'Rías', Botafumeiro e 'Ribeira'; pero vista a situación é posible que vaiamos a Narón, ainda que non decidín...
Dicir que non sei desde fora, pero desde dentro a impresión é de que hai moi, moi bo nivel na copa, aínda que gañamos, o resto de corredores están perfectamente a un gran nivel, simplemente a sorte estivo do noso lado neste rali.
Grazas a organización por suplir os erros do ano pasado cun rali que foi de 10 en todolos aspectos organizativos."

A contuniación podedes ver como queda a clasificación xeral da copa Pirelli AMF despois de celebrar o Rally Rías Baixas e a onboard de Joaquín no treito de Salceda:


Comentarios

Publicacións populares