Subida a Saleta 2019-Información


Chega a seguinte proba do Campionato de Galicia de Montaña, co éxito que tivo a cita de Marín, non vai estar fácil superar no Carballiño esa cantidade de público que se achegaba á proba pontevedresa. Mais a Subida a Saleta non é unha proba calquera, é unha famosa carreira que se celebraba hai uns anos, tamén puntuable para Galicia, e os aficcionados recordarana. A isto súmaselle dúas cousas: que o percorrido da subida pertence a un dos treitos do que será o Rally de Ourense 2019 e que a lista de inscritos non é nada mala, se non, mirade a continuación:

-Lista de inscritos(PDF)

E moitos xa o coñecedes, pero para os que non levan tanto tempo seguindo a montaña aquí deixamos o mapa en Google Maps con todos os accesos e ubicacións necesarias cunha onboard:



Horarios:
-Sábado:
Verificacións
Parque Pechado
Parque de Traballo
15:30-1ª Adestramentos
A continuación-1ª Oficial
A continuación-2ª Oficial
-Domingo:
Parque Pechado
Parque de Traballo
09:00-2ª Adestramentos
A continuación-3ª Oficial
A continuación-4ª Oficial
Parque Pechado
Entrega de premios

Recordámosvos que é mellor ir con tempo e coller sitio antes da manga de adestramentos, recordade tamén seguir as indicacións dos comisarios.


-O tempo-O Carballiño
-Onde comer-O Carballiño
-Aloxamento-O Carballiño
-Zonas de interese-O Carballiño

Moitas gracias por confiar en Condado Racing, pasádeo ben!

Comentarios

Publicacións populares