López-Fombona conseguiu o esperado entre os carrozados

A semana pasada en Marín había que destacar algunhas sorpresas na lista de inscritos e unha delas era a presencia de José Antonio López-Fombona Alonso (coñecido como Fombona). Presentábase no municipio potevedrés co seu impresionante Lamborghini Huracán, sendo a clara aposta á vitoria, e daba a sorpresa na primeira manga de entrenos cunha pequena saída de pista sen danos, puido continuar e marcar tempo nesa manga. O seu maior rival, Tino Iglesias (Fiesta N5), só puido con el na terceira manga oficial, no resto era Fombona o primeiro clasificado entre os carrozados e conseguía posicionarse como o primeiro carrozado ao final da proba na clasificación xeral.

Denega GT
Como xa dixemos, por detrás de Fombona clasificábase Tino Iglesias co seu Fiesta N5. Por detrás, e na última posición do podio, clasificábase José Couceiro co seu bonito Renault 5 GT Turbo cunha moi pequena diferencia con respecto a Tino Iglesias (menos de dous segundos), a loita entre os dous foi moi bonita durante a fin de semana. A seguinte cita será na Subida a Saleta nunha semana, nesta páxina podedes atopar o percorrido da proba.

AQUÍ podedes ver as tres mangas completas do domingo. Durante estas tres mangas estivemos en directo. Se queres seguir vendo directos, deixa o teu like e suscríbete, moitas gracias!!

*Unha última cousa, YouTube non nos deixa seguir facendo directos ata que non cheguemos a 1000 suscriptores, agradeceríamos que lle deses ao botón de "suscribirse" e nos axudes con este proxecto. SUSCRÍBETE

Moitas gracias!!

Comentarios

Publicacións populares