Excelente actuación de Ricardo Costa nos treitos de Noia

A pesares da choiva e o asfalto mollado e con barro, os portugueses Ricardo Costa e Rui Vilaça non deron opción aos seus rivais no rali de Noia. A parella portuguesa, pilotando o Citroën DS3 R5, comezaba liderando dende o primeiro treito, o treito urbano de Noia coñecido como "El Jaime"; así, o mellor tempo marcado entre os participantes da copa Top Ten Pirelli servíalles para colocarse en terceira posición da xeral no venres á noite.

Rally da Coruña 2019-L. Rivera

Despois dos abandonos no primeiro treito do sábado, o equipo do DS3 víase con opcións de rematar a proba entre os tres primeiros. A sorte estivo da súa parte outra vez, pero non por moito tempo, Víctor Senra perdía o control do C3 R5 no quinto treito e Ricardo ascendía a primeira posición, mais Víctor reaccionou rápidamente e no primeiro enfrontamento da tarde xa ocupaba o primeiro posto. Así continuou a clasificación ata o final do rali e os líderes da copa Top Ten finalizaron en segunda posición da xeral. Por detrás, pero bastante lonxe, finalizarían Alberto Nimo e Antonio Fernández nun rali marcado pola choiva, o asfalto complicado e os abandonos.

Esta é a segunda vitoria da temporada de Ricardo Costa e Rui Vilaça na copa Top Ten Pirelli e agora mesmo son os líderes do campionato da copa Top Ten con algo de marxe sobre os seus rivais.

Comentarios

Publicacións populares